Somos unha asociación sen ánimo de lucro de pais, nais e de alumnos que iniciou a súa andadura en febreiro de 1993, vinculada có CMUS de Culleredo e xestionada por unha directiva elixida en asemblea polos asociados.
O obxectivo principal da asociación consiste en apoiar a labor docente que se realiza no centro para que os alumnos reciban unha educación completa, diversa e de óptima calidade.
Os fondos que xestiona a ANPA proveñen das cotas anuais dos socios, das subvencións solicitadas e concedidas pola Deputación da Coruña e polo Concello de Culleredo, así como das doazóns de libros e partituras que realizan alumnos e exalumnos do centro.
Talleres, concertos e outras actividades complemento da labor docente.
Ensinanzas regradas de graos elemental e profesional.
No CMUS de Culleredo impártense as ensinanzas elementais e profesionais de música de acordo co marco normativo de educación, a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio.
GRAO ELEMENTAL
A finalidade é promover a autonomía do alumnado para que a súa capacidade de expresión musical adquira a calidade artística necesaria que permita acceder ao grao profesional.
GRAO PROFESIONAL
Ten como finalidade proporcionarlle ao alumnado unha formación artística de calidade e garantir a cualificación de futuros profesionais da música.
Ademais destas ensinanzas regradas, ofértanse dous cursos de iniciación á música para os máis pequenos.
As idades de ingreso son as seguintes:
Horario de atención ao público: de 11:00 a 14:00 h
Horario lectivo: de 16:00 a 21:30 h
Teléfono: 981667798
Mail: conservatorio@culleredo.org
Se tes dúbidas, non o dubides…
Conservatorio Profesional de Música de Culleredo
ANPA “O Burgo” do CMUS de Culleredo
Rúa Andrés Pan Vieiro 30
15670 – Culleredo
A Coruña – Galicia – España
anpaoburgo@gmail.com