Estes anos pasados desde a ANPA decidimos impulsar unha iniciativa que nos parecía moi atractiva: "O Concerto de familias".

En moitas das familias do Conservatorio existe máis dunha persoa que estuda ou toca algún instrumento. Que fagan música xuntos é algo que pode xurdir de maneira natural nas casas. Decidimos darlle visibilidade á esta actividade e o resultado foi impresionante en todas as edicións que se fixeron. Quenes se atreveron pasárono estupendamente e o público gozou moitísimo das actuacións.

Seguimos a animar a todas as familias a participar en vindeiras edicións que estamos seguros de poder organizar.