¡Volve o Concurso de Bandas Sonoras!
Despois do éxito en participación e o altísimo nivel das interpretacións do ano pasado, desde a ANPA nos complace anunciar a volta do Concurso de Interpretación de Bandas Sonoras Orixinais, na súa VI Edición.
Este é un evento dos máis importantes do noso Centro, no que poden participar alumnado e ex alumnado do noso Conservatorio nas categorías de:
• Grao Elemental
• 1º,2º e 3º de Grao Profesional
• 4º, 5º, 6º de Grao Profesional e ex alumnado
Como sabedes é unha ocasión para divertirnos, apreciar a creatividade dos rapaces e as rapazas e disfrutar da música que nos lembra o cine, a televisión, os videoxogos… En definitiva, un momento distinto que todos e todas vivimos con moita intensidade!!
Este ano imos celebralo os VENRES 23 de FEBREIRO e 1 de MARZO.
Unha nova é o incremento dos premios, que este ano será de 100€ para as interpretación grupais e 50€ para as individuais.
A data final para recibir as inscripcións será o 31 de xaneiro de 2024.
Agardamos a vosa participación e colaboración nesta festa de todo o Conservatorio que é o Concurso de Bandas Sonoras
