As familias que forman parte da comunidade educativa dun Conservatorio, tamén as do conservatorio de Culleredo, teñen un forte nexo de unión, o gusto pola MÚSICA en todas as súas variantes, e en xeral, buscan que os seus fillos/as descubran o pracer que produce ser o intérprete dunha peza musical, superior ao da simple escoita. Calquera dos instrumentos require un esforzo no seu estudo, pero á vez xenera habilidades que son moi apropiadas para aplicar en outras circunstancias vitais.
A ANPA do conservatorio de Culleredo, aglutina a unha parte significativa destas familias, e en xeral, ás que se implican dun xeito especial coa formación musical dos seus fillos/as. Por este motivo alá polo ano 2016 decídese crear unha actividade paralela, Coro da ANPA, aberto a pais, nais, tíos, tías, abós, aboas,…, calquer familiar do alumnado con interese. Esta iniciativa pretendía amosarllesque a implicación das súas familias coa súa educación musical é profunda, estando, por exemplo, dispostos a sufrir esos nervos propios dos intérpretes antes de subir á escea.
Co transcurso dos ensaios, os integrantes aumentaron a súa paixón pola música, pero ademais descubriron que esto de formar parte de un grupo que se reúne para cantar era moi divertido e gratificante, creándose entre eles lazos de amizade que superan os anos, e incluso se extende despois de que @s fill@s rematan os seus estudos.
O Coro tuvo a sorte de contar con directores variados e estupendos, desde a profesora de canto, Victoria Álvarez Acón, coa que iniciou a súa andadura e sempre apoiou á formación, pasando por un ex-alumno que facía estudos superiores de piano nese momento, Iván Pardo, e nun trimestre do curso 2017-2018 tivo a sorte de contar co hoxe xa falecido trombonista da Orquestra Sinfónica de Galicia, Petur Eriksson.
Durante esos cursos esta formación amosou ao público as súas interpretacións nos concertos de coro, de nadal, de fin de curso, de letras galegas, sen esquecer o Concerto de Familias, iniciativa tamén impulsada desde a ANPA que permitiu decubrir moitas familias que tocaban xuntas, irmáns, pais-nais cos seus fillos, tios-tias cos seus sobriños…., é dicir alumnos ou exalumnos do conservatorio con algún familiar, e descubrimos que esto de tocar xuntos xenera unha complicidade moi especial entre eles.
Como último apunte indicar que varios dos exintegrantes do Coro da Anpa forman parte de diferentes agrupacións de canto coral, Coro de Maiores de Culleredo, Coro de Oleiros,…. ELES XA NON PUIDERON DEIXAR DE CANTAR EN CONXUNTO. DESCUBRIRON A MAXIA!!!!
Non o dubides, apúntate ao coro… e non te preocupes, non hai que ter unha voz especial nin saber moito de música….só ter gañas de aprender e pasalo ben cantando.