Dentro do proxecto "Música para a igualdade" e con motivo de visibilizar o papel da muller no mundo da música, desde a ANPA realizamos unha serie de actividades que engloban: talleres, charlas, concertos, etc...

Celebráronse concertos cun repertorio composto integramente por compositoras de deferentes épocas.

Desenvolvéronse charlas tanto presenciais como online sobre temas relacionados coa igualdade de xénero, o papel da muller na arte en xeral e na música en particular, etc...

Realizáronse achegas á bibioteca do Conservatorio de partituras de obras escritas por compositoras, tanto pouco coñecidas como nada coñecidas e que merece a pena visibilizar.

Realizouse unha publicación en colaboración con Transversal de xénero e Subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade, dita publicación chámase "Biblioteca Violeta" e trata de recompilar as biografías e obras de todas as compositoras ao longo da historia, podedes descargar o adxunto na ligazón aquí abaixo.