A Anpa o Burgo puxo en marcha no 2019 a 1ª edición do campus musical de verán “Creartividade” do Conservatorio Profesional de Música de Culleredo coa ilusión de ofrecer ao noso alumnado un espazo lúdico e creativo para compartir aprendizaxes innovadores e vivencias persoais relacionadas coa música de maneira divertida.
Ademais creemos que esta iniciativa puido contribuír a que as familias conciliasen a vida familiar e a laboral no tempo de verán.
Estamos seguros de que foi unha experiencia de convivencia moi positiva e que @s alumn@s participantes non esquecerán nunca.