Dende a ANPA O Burgo estamos xa realizando os preparativos para o curso que comenza.
A nosa pretensión é continuar ofrecendo os programas e servizos que forman parte da nosa visión, misión e valores, de cara a ter unha comunidade educativa máis forte, participativa e reivindicativa.
Podedes consultar máis información de todo o que facemos ao longo da nosa web.
Deixamos aquí a documentación para a inscrición como soci@s no novo curso 2025/2026.
– Ficha de inscrición
– Consentimento informado
IMPORTANTE: Lembrade enviar tamén o xustificante de ingreso bancario da cota de 25€ por familia
Remitide a documentación asinada ao correo electrónico da ANPA anpaoburgo@gmail.com ou ben deixadea na conserxería do Conservatorio.