Xa pasou moito tempo desde que iniciamos a nosa andaina web coa nosa primeira páxina alá polo 2015, e despois de sufrir este pequeno parón obrigado durante a pandemia e por razóns alleas á nosa vontade e capacidade de resolución, volvemos á presenza en liña con imaxe renovada e moitas ganas de facer cousas, así que vos damos a benvida e esperamos que a partir de agora todo creza en cantidade e sobre todo en calidade, a música meréceo!!!
Podédesnos atopar na nosa oficina do Conservatorio de Culleredo e tamén comunicarse connosco a través do mail: anpaoburgo@gmail.com