Dende a ANPA O Burgo do conservatorio de Culleredo queremos sumarnos aos actos de celebración do bicentenario de nacemento de Marcial del Adalid, cun pequeno acto homenaxe ao compositor español / galego / coruñés.
O vindeiro venres 8 de maio de 2026 ás 18:30 celebrarase un acto no Auditorio do Conservatorio de Culleredo, no que contaremos coa estimable intervención da musicóloga e compositora Margarita Viso Soto, máxima especialista actualmente do mencionado compositor galego. Poderemos disfrutar de actuacións de alumnado e ex-alumnado do conservatorio interpretando un variado programa das súas obras (pianísticas, de cámara e líricas).
MARCIAL DEL ADALID Y GURREA
(A Coruña, 1826 – 1881)
De familia da burguesía liberal e gran afición musical. Aos catorce anos estuda en Londres con Ignaz Moscheles (que fora alumno de Beethoven) durante 4 anos e publica a súa primeira obra. De volta na Coruña escribe obras para piano e para canto e piano.
Ao longo da súa vida compón numerosa obra para piano, tanto só como a catro mans, así como obra orquestral, de cámara e lírica. En 1861 publica en Madrid unha primeira “Marcha Triunfal Galicia”. A principios dos anos 70 comeza a zarzuela “Pedro Madruga”. Sobre a mesma idea e utilizando motivos do folklore galego, escribirá “Inés e Bianca” ópera con libreto en italiano de Achille de Lauzières (colaborador de Verdi) que quedará sen estrear.
E en 1877 comeza a publicación da obra fundacional do Rexurdimento Musical Galego, os “Cantares Viejos y Nuevos de Galicia” escritos en colaboración ca súa esposa, a escritora Fanny Garrido.
MARGARITA VISO SOTO
(A Coruña, 1957)
Estuda no Conservatorio de Música de A Coruña, con Jeannette Romero e Rogelio Groba. Amplía coñecementos con Mª
Luisa Nache, José Ferrer e Carlos López García Picos, e Noemí Novara.
Como compositora é autora de obras de cámara e para voz e instrumentos. E como pianista acompañante traballa o repertorio da música galega e española. Como musicóloga ten investigado sobre compositores galegos principalmente, destacando os traballos sobre Adalid e Baldomir. Pertence á Sociedad Española de Musicología.
Crea a editorial VISO (1997) adicada á publicación de música de autores galegos.
Foi Profesora de Solfexo e Teoría de la Música (Madrid 1985), e Pianista Acompañante (A Coruña 1998), tendo traballado nos conservatorios de Zaragoza, Ponferrada e A Coruña. Recibiu o Premio da Crítica de Galicia en 2020. É membro do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses.
Aquí tedes o cartaz con toda a información do evento.

PROGRAMA
MÚSICA LÍRICA
Alumnado de canto de 2º de grao profesional de Vicky Álvarez Acón
¡Adios, meu meniño! ¡Adios!
Voz: Esther Alonso Fernández (2º GP)
Piano: Elena González González
Non te quero por bonita
Voz: Martín González Naya (2º GP)
Piano: Elena González González
MÚSICA PARA PIANO
Alumnado de piano de grao profesional de Alís Polo Lamas
Enfantillages
Conto musical “A Memoria das árboles”
Narración: Ana Julia Martínez Fariña (delegada na Coruña da Unión nacional de escritores de España)
Piano: Iria Vázquez González, Alejandra Díaz Delgado e Oliva Lado Bermúdez
MÚSICA DE CÁMARA
Conxunto de corda de 1º e 2º de grao profesional, dirixidos por Joaquin García Soto
Sérénade pour instruments á cordes
Violíns: Jesús Cambar, Carmen Posse e Joaquín García
Cellos: Mateo Morillo, Carla Martínez e Elena Barrado
MÚSICA DE CÁMARA
Ex-alumnado do conservatorio de Culleredo dirixidos por Antonio Suárez Saavedra
Sonata para violín e piano Op. 17 – mov I (allegro assai é con brio)
Violín: Amina Cebreiro García (ex-alumna)
Piano: Xosé Arca Lagüela (ex-alumno)
Agardámosvos!!!

