Concurso convocado pola Anpa “O Burgo” do Conservatorio
Profesional de Música do Concello de Culleredo en colaboración co
Conservatorio de Culleredo.

O obxecto desta actividade é a interpretación dunha banda
sonora de cine, televisión e/ou videoxogos, ben individualmente
ou en grupo que deberá ser interpretada en audición didáctica aberta ao
público.

O concurso está aberto a tod@s @s alumn@s do Conservatorio,
do grao elemental e profesional, exalumn@s que non teñan rematado o
grao superior e persoas externas non profesionais musicalmente, que poderán participar individualmente ou en grupo, establécendose distintos subgrupos por niveis.

O xurado do concurso está composto por cinco membros: Dous profesores
designados polo claustro ou elixidos por sorteo, un/unha alumn@ de grao
profesional elixido por sorteo entre @s soci@s da Anpa que non se
presente ao concurso, un pai/nai socio/a da Anpa, elixido do mesmo
modo e un representante da directiva da Anpa que actuará como
presidente do xurado.

A primeira edición foi no curso 2015-2016 e desde aquela tivo moito exito, esperamos poder celebrar moitas edicións mais.