ASÍ NON, SEÑOR ALCALDE, ASÍ NON.
FALLA DE EMPATÍA E NOVA FALTA DE RESPECTO ÁS FAMILIAS E ALUMNADO.
É a segunda ocasión na que iniciamos un comunicado con este encabezamento. Por algo será…
A ANPA O BURGO é diversa na súa composición e tamén as familias que forman parte deste Conservatorio. Non nos move elemento partidista nin periodo electoral. MÓVENOS A EDUCACIÓN DOS/AS NOSOS/AS FILLOS E FILLAS. Entendemos o seu anoxo coa nota de prensa, pero non toleramos reproches a esta ANPA.
Podíamos ter enviado notas de prensa con anterioridade: fai dous anos, fai un ano e incluso ao inicio deste curso. Tivemos varias xuntanzas co seu equipo de goberno, é certo, pero eficaces non foron. Cordiais sí, pero sen resultados.
PORQUE SÍ, SEÑOR ALCALDE, aquí ao final do que se trata é de garantir que o funcionamento do centro é o óptimo e tentar anticiparnos a posibles problemáticas. Pero por desgracia, os problemas continúan.
Expoñemos as seguintes cuestións que se lle teñen comuniado nas cordiais reunións:
1 Subvención anos 2023 e 2024 sen resolver.
2 Subvención municipal ANPAs ano 2025: sen convocar.
3 Subvención municipal ANPAs ano 2026: sen convocar.
4 Obras e reparacións no Conservatorio: sen realizar.
Comeza o curso 26-27 e chove a cántaros no centro, continúan as humidades e o risco para alumnado, familias e profesorado.
Martes 29 de setembro de 2026, iniciado o curso académico actual, despois dun día de choiva…
5 Xestión de persoal: ineficiente.
A media xornada de pianista acompañante que é preciso cubrir e da que se ten coñecemento dende o inicio deste curso implica: alumnado sen docencia e coa avaliación trimestral a escasos días!!!!
Cómo se vai resolver, cánto tempo leva realizar chamamentos dunhas listaxes de contratación en vigor e finalizar o trámite… 3 meses… áxil non é dende logo.
O feito de que non todo o profesorado do Conservatorio teña xornada completa implica que na actualidade haxa alumnado que non conte coas horas de docencia que lle corresponden, xa que evidentemente os/as traballadores/as, farán uso dos seus permisos, licenzas, vacacións cando a normativa vixente así o permita. Evidentemente non cuestionamos os dereitos do profesorado, pero sí requirimos de respostas da administración para dar unha solución ao alumnado. Levamos reivindicando esto dende fai anos: xornada completa para todo o profesorado.
PORQUE NON NOS SIRVEN MÁIS PARCHES E QUEREMOS SOLUCIÓNS!!!
CONTINUAREMOS COAS NOSAS REIVINDICACIÓNS:
ENSINANZAS ARTÍSTICAS PÚBLICAS E DE CALIDADE
Para máis información, pode contactarnos. Ten os nosos datos.
Aínda que vostede non teña interese en reunirse nunca máis con esta ANPA, nós temos as portas abertas a quen nos ofreza solucións.
Un saúdo
A Xunta Directiva da ANPA O BURGO do CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE CULLEREDO
Culleredo a 15 de novembro de 2026.
ALCALDÍA – CONCELLO DE CULLEREDO

