Desde a ANPA O Burgo do Conservatorio de Culleredo queremos darvos a benvida a o novo curso académico 2025-26. Para este curso que comeza, desde esta asociación de nais e país, afrontámolo con todas as ganas e a maior ilusión. De seguro será un curso cheo de actividades, xa estamos a darle voltas á cabeciña a ideas para realizar de cara a o alumnado.
MOI IMPORTANTE!!!, precisamos que todas aquelas familias que tedes algún manual ou instrumento prestado pola ANPA no curso pasado o devolvades canto antes. Por outra banda, o alumnado que ten libros ou instrumento dos que se usan durante cursos seguidos, non teñen que devolvelos pero sí deben volver facer a solicitude outra vez para este curso.
Xa sabedes que o «banco de libros» o e «banco de instrumentos» son dúas das tarefas que máis nos prestan porque axudan a sobrelevar os gastos a moitas das familias do Conservatorio. Para poder facelo cada ano precisamos que as persoas que teñades na casa algún manual ou instrumento prestado o devolvades canto antes. Se non hai ninguén da ANPA no momento no que o traigades ao Conservatorio podedes deixarlo en portería a Ana. Moitas gracias a tod@s!!!
Por outra parte, como todos os anos poñemos á vosa disposición manuais e instrumentos. Como novidade este ano, a solicitude realizarase a través dun formulario online. Para poder prestalos os requisitos e a valoración son as seguintes:
1) Ser familia socia da ANPA (MOI IMPORTANTE)
2) Ser unha familia con varios fill@s alumn@s do Centro
3) Priorizarase (no caso dos instrumentos) ao alumnado de menor curso
4) Orde de chegada da petición
5) Non ter contado con ningún préstamo en anteriores cursos
Como decíamos, este ano temos un FORMULARIO ONLINE ao cal se pode acceder a través da nosa web ou directamente nesta ligazón:
FORMULARIO PRÉSTAMO ONLINE ANPA
Benvidos ao novo CURSO 2025-26!!!