As familias e alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Culleredo denuncian o caos organizativo no que se atopa o inicio do novo curso escolar.

Existe gran malestar e indignación, xa que logo de ter feita a solicitude de matrícula para o novo curso a finais do mes de xuño, o Concello de Culleredo:

Non publicou as listaxes definitivas de alumnado admitido.
-Non remitíu ás familias os horarios das clases colectivas.
-Non convocou ao alumnado para a elección do horario das clases individuais.
-Non informou sobre a data do inicio do curso escolar e a actividade lectiva.

O curso escolar segundo a instrución da Xunta de Galicia comeza o día 8 de setembro, aínda que no caso das Ensinanzas de Réxime Especial, tendo en conta as características e particularidades deste tipo de ensinanzas, poderá flexibilizarse o inicio das actividades lectivas ata o 15 de setembro como moi tarde.

Entendemos, que ao igual que o resto dos Conservatorios Profesionais de Música, as clases teñen que comezar antes do 15 de setembro, tal e como indica a Xunta de Galicia.

As familias e alumnado do CMUS de Culleredo consideran un agravio ter que estar a semana na que o resto do alumnado de outros conservatorios públicos de Galicia inicia as súas clases, elexindo todavía os horarios das clases individuais.

Reclamamos ao Concello de Culleredo o seguinte:

-Que se envíen de forma inmediata os horarios das clases colectivas.
-Que se convoquen de forma inmediata as reunións co alumnado para elección de horarios de clases individuais.
-Que as clases comecen antes do fin do prazo indicado pola Xunta de Galicia na súa instrución, xa que non pode ser que o Conservatorio Profesional de Música de Culleredo sexa o último en iniciar a actividade lectiva.
-Que informe con fluidez a través das canles oportunas das actuacións que se emprendan ao respecto desta reclamacion a esta xunta directiva para poder dar traslado ás familias.

O Conservatorio Profesional de Música é un centro educativo oficial e de formación regulada, NON PODE SER TRATADO CON ESTE DESDÉN!!!

ENSINANZAS ARTÍSTICAS DE CALIDADE!!!
O ALUMNADO E AS FAMILIAS MERÉCEN UN RESPECTO!!!!
A GRATUIDADE NON PODE SER UNHA ESCUSA!!!

Os comentarios están desactivados