Desde a ANPA O Burgo do Conservatorio de Culleredo queremos darvos a benvida a o novo curso académico 2023-24. Para este curso que comeza, desde esta asociación de nais e país, afrontámolo con todas as ganas e a maior ilusión. De seguro será un curso cheo de novas actividades, xa estamos a darle voltas á cabeciña co Concurso de Bandas Sonoras e o Concerto de Familias, entre otras cousas.

MOI IMPORTANTE!!!, precisamos que todas aquelas familias que tedes algún manual ou instrumento prestado pola ANPA no curso pasado o devolvades (sen perxuízo de que se poda volver a facer o prestamo).

Xa sabedes que o «banco de libros» o e «banco de instrumentos» son dúas das tarefas que máis nos prestan porque axudan a sobrelevar os gastos a moitas das familias do Conservatorio. Para poder facelo cada ano precisamos que as persoas que teñades na casa algún manual ou instrumento prestado o devolvades canto antes. Se non hai ninguén da ANPA no momento no que o traigades ao Conservatorio podedes deixarlo en portería. Moitas gracias a tod@s!!!

Por outra parte, como todos os anos poñemos á vosa disposición manuais e instrumentos. Para poder prestalos os requisitos e a valoración son as seguintes:

1) Ser familia socia da ANPA
2) Ser unha familia con varios fill@s alumn@s do Centro
3) Priorizarase (no caso dos instrumentos) ao alumnado de menor curso
4) Orde de chegada da petición
5) Non ter contado con ningún préstamo en anteriores cursos

Para poder sistematizar a entrega pregámosvos que, en canto saibades o que precisades, ENVIEDES UN CORREO A ESTE ENDEREZO ELECTRÓNICO COS SEGUINTES DATOS:

– NOME D@ ALUMN@ E O CURSO (DEBERÁ SER SOCI@ DA ANPA)
– TITULO, EDITORIAL E EDICIÓN DO MANUAL/LIBROLIBRO QUE SE PRECISA
– NÚMERO DE ALUMN@S MATRICULADOS NESTE CENTRO QUE HAI NA FAMILIA QUE PIDE O MANUAL/LIBRO

Aquí podedes descargar un formulario de préstamo

FORMULARIO PRÉSTAMO ANPA

E tamén podedes facelo online a través da seguinte ligazón

FORMULARIO PRÉSTAMO ONLINE ANPA

Finalmente pregámosvos que, se se trata da petición dun instrumento o faigades a través do profesor ou profesora que xa nos transmitirá qué precisan e cantos estudantes precisan instrumento da súa especialidade

Benvidos ao novo CURSO 2023-24!!!

Os comentarios están desactivados