Un ano máis, e xa van cinco, a ANPA O Burgo do Conservatorio profesional de música de Culleredo organiza un dos eventos que máis nos gustan e que non puido celebrarse no seu día, o V CONCURSO DE INTERPRETACIÓN DE BANDAS SONORAS no que poden participar alumnado e ex-alumnado do noso Conservatorio.
Este ano traemos algunas novidades que podedes ler nas bases do concurso.
Nestas ligazóns podedes desargar os formularios de inscrición:
Este é un evento dos máis importantes do noso Centro, no que poden participar alumnado e ex-alumnado do noso Conservatorio nas categorías de:
  • Grao Elemental
  • 1º,2º e 3º de Grao Profesional
  • 4º, 5º, 6º de Grao Profesional e ex alumnado

Como sabedes é unha ocasión para divertirnos, apreciar a creatividade dos rapaces e rapazas e disfrutar da música que nos lembra o cine, a televisión, os videoxogos… En definitiva, un momento distinto que todos e todas vivimos con moita intensidade!!

Este ano cambian as datas; imos celebralo pouco despois do Entroido, os VENRES 10 e 17 de MARZO para evitar as dificultades do alumnado para preparar as pezas do Concurso, cara aos exames finais.

A data final para recibir as inscricións será o 9 de febreiro de 2023.

Agardamos a vosa participación e colaboración nesta festa de todo o Conservatorio que é o Concurso de Bandas Sonoras

MOITO ÁNIMO A TOD@S!!!!

Os comentarios están desactivados