Durante os últimos meses véñense presentando dificultades na sustitución do profesorado que causa baixa temporal ou está en excedencia. Desde a ANPA temos levado a cabo varias actuacións para procurar unha solución a este tipo de situacións que causan un importante prexuízo ao alumnado e ás suas familias.
Como queira que o problema persiste e que estamos mantendo distintas reunións para ver cómo poñerlle unha solución duradeira, quereríamos compartir con todas aquelas familias interesadas ou afectadas por estas situacións de non sustitución de profesorado tanto a información coa que conta a ANPA como aquelas valoracións ou suxestións que se quixeran facer ao respecto.
Polo tanto, convidamos a todas as familias afectadas e/ou interesadas na cuestión a unha reunión/asamblea que terá lugar o MÉRCORES 19 DE OUTUBBRO desde as 18:15 horas no Conservatorio (Aula B1)
Como é obvio, non é preciso ser familia socia da ANPA para acudir e participar nesta xuntanza. 

Saúdos e agardámosvos!!!

Os comentarios están desactivados