TERCEIRA EDICIÓN DE BATUTAS E BASTÓNS
ANUNCIO DO EVENTO
O mércores 24 de febreiro de 2016, terceira edición do evento Batutas e Bastóns, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de Culleredo. Este ano có mestre Dima Slobodeniouk.
DESCRICIÓN DO EVENTO
O mércores 24 de febreiro de 2016, desenvolveuse no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de Culleredo o evento Batutas e Bastóns na súa 3º edición.
Vivimos unha xornada moi especial con Dima Slobodeniouk. O que contou Dima con gran esforzo por facelo en castelán, e de cando en vez co apoio das nosas traductoras de excepción Sandra Barreiro e Claudia Fernández, foi de moito interese para todos. Tamén as opinións de Andrés Lacasa contribuiron a que nos achegásemos á personalidade deste Mestre. A mistura á que xa nos ten acostumados Marcos de vídeos de contido humorístico e as preguntas de alumnos e críticos musicais planteadas a Dima, todo elo combinado coa estupendas interpretacións realizadas polos nosos alumnos Valeria Martínez acompañada por Miguel Valls, Antón Seijas e Iván Pardo, ademais da de David Vaamonde, contribuiron a que pasásemos unha tarde estupenda. Como complemento Simón García contounos o outro gran evento que se desenvolve no Conservatorio: Galicia Graves.
As máis expresivas gracias ao Mestre Dima Slobodeniouk por atender a nosa solicitude e a Andrés Lacasa por acompañalo, e sobre todo moitísimas gracias a Marcos Seoane polo esforzo adicado para levar a cabo este gran evento!!!
Deixa unha resposta