TALLER CONTRA O MEDO ESCÉNICO
ANUNCIO DO TALLER
Trátase de ter dúas xornadas de dúas horas na que se aborden técnicas para controlar o medo escénico que atenaza aos músicos, actores, comunicadores,… antes de subir ao escenario. Están planificadas do seguinte xeito:
- Martes 1 de marzo de 18.00 a 20.00 h
- Martes 12 de abril de 18.00 a 20.00 h
DESCRICIÓN DO TALLER – sesión 1
O martes 1 de marzo de 2016 desenvolveuse na aula 14 do Conservatorio de Culleredo a primeira sesión do Taller de control do medo escénico. Os oito participantes de edades diversas, analizaron cales son as sensacións que provoca o medo escénico, achegándose, mediante diversas técnicas asociadas á neurociencia, a atopar mecanismos para usar o propio medo escénico en beneficio da interpretación. Todos acudiron co seu “tenedor” e José Erre propúsolles usalo de diversas formas. A segunda sesión o 12 de abril no Salón de Actos do Conservatorio!!!!
Aquí podedes ver as imaxes da primeira sesión https://goo.gl/VfUJze
DESCRICIÓN DO TALLER – sesión 2
O martes 12 de abril de 2016, tal e como foi anunciado, desenvolveuse a segunda sesión do Taller de control do medo escénico, impartido por José Erre. Os nove participantes no taller, Asier Salvador, Ana Boga, Elena e Pablo Bao, Sofía Fernández, Patricia e Santiago Vázquez, Gloria Uzal e Alba Velaj, analizaron as súas experiencias na aplicación das técnicas estudadas na primeira sesión, nas súas actuacións instrumentais de fin de trimestre. As sensacións sentidas ao ser o que actúa e a actitude cando se observa a outros, da as claves de como se logra controlar a escea e manter a atención dos ouvintes.
Aquí podedes ver as imaxes da primeira sesión https://goo.gl/TTwz1k
Agardamos comentarios dos participantes por calquera dos medios que poñemos a vosa disposición: blog da páxina web, correo electrónico ou nota no Facebook ou Twitter.
Moitas gracias José Erre polo curso e aos participantes vos desexamos que aprovitedes moito as técnicas aprendidas!!!.
Deixa unha resposta