OBRADOIRO “SUPERA OS TEUS MEDOS E DISFRUTA DAS ACTUACIÓNS – 2”
Os vindeiros venres 11 de Decembro de 2020, ao longo da tarde (de 18:00 h a 22:00 horas) e Sábado 12 de Decembro, ao longo da mañá (de 10:00 h a 14:00 horas), terá lugar un novo OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DA ANSIEDADE ESCÉNICA, segunda edición, dirixido a estudantes de TODOS OS CURSOS E TODAS AS IDADES e impartido por Chus Vega. O venres Obradoiro para alumnado de Grao Profesional e o sábado Obradoiro para alumnado de 4º de Grao Elemental (Especial proba de acceso).
Chus Vega, é Profesor de Saxo e Psicólogo. Combina a súa formación en Psicoloxía coa experiencia activa en distintas agrupacións musicais durante os últimos 20 anos participando en gravacións e concertos en directo. Axuda aos músicos a superar a Ansiedade Escénica xerada ao mostrar os seus traballos ante o público. A súa misión é lograr que os artistas disfuten do escenario e conségueo mediante obradoiros, seminarios e sesións personalizadas.
Obviamente as PRAZAS SON LIMITADAS tendo en conta as cautelas sanitarias, a 10 estudantes cada obradoiro. Seguiranse todos os protocolos de SEGURIDADE e é obrigado traer MÁSCARILLA.
Despois da sesión presencial haberá seguimento on line para o alumnado participante en sucesivas comunicacións có psicólogo e profesor Chus Vega.
O Obradoiro será GRATUITO para as familias socias da ANPA e terá un prezo de 15 euros para as demáis.
Podedes reservar praza enviando un correo electrónico a esta dirección: anpaoburgo@gmail.com ou en Conserxería do Conservatorio de música de Culleredo.
Descarga aquí a INFORMACIÓN para o obradoiro.
Para inscribirvos tedes que enviarnos un correo electrónico a anpaoburgo@gmail.com e facer o ingreso na conta da ANPA.
Deixa unha resposta