II CONCURSO DE INTERPRETACIÓN DE BANDAS SONORAS
ANUNCIO DO EVENTO
A ANPA O Burgo do Conservatorio de música de Culleredo en colaboración có Conservatorio organiza o Segundo concurso de interpretación de Bandas Sonoras.
O obxecto desta convocatoria é a interpretación dunha banda sonora de cine, televisión e/ou videoxogos, ben individualmente ou en grupo que deberá ser interpretada en audición didáctica aberta ao público os vindeiros 21 e 28 de Abril de 2017. O concurso está aberto a todos os alumnos e alumnas do Conservatorio, do grao elemental e profesional, e ex-alumnos que non teñan rematado o grao superior, que poderán participar individualmente ou en grupo.
Podedes consultar AQUÍ a listaxe de participantes e a súa orde de participación.
Deixa unha resposta