CONCERTO SOLIDARIO FIN DE CURSO 2016
ANUNCIO DO EVENTO
O venres 10 de xuño de 2016, concerto solidario FIN DE CURSO 2016, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de Culleredo.
A Fila 0 será para á recadación en favor da conta da Cruz Vermella, destinada aos afectados polo terremoto de Ecuador.
No concerto, a ANPA O Burgo do CMUS de Culleredo fará entrega dos premios do I Concurso de interpretación de BSO e tamén os agasallos aos alumn@s de 4º de grao elemental e 6º de grao profesional.
DESCRICIÓN DO EVENTO
O venres 10 de xuño de 2016, desenvolveuse o concerto solidario FIN DE CURSO 2016, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de Culleredo. Un concerto especial porque tivo un carácter solidario en favor dos damnificados polo tremor de Ecuador. Inaugurouse o acto cunhas palabras da Concelleira de Cultura Carme Varela, tras a presentación do técnico Iosu López. Tamén agradeceron a presencia e solicitaron axuda a representante de Cruz Vermella, unha familiar de afectados, e a Concelleira de Servizos Sociais; por último a Directora do Conservatorio diu a benvida a todos. Ao concerto asistiu o Alcalde Xulio Sacristán. O segundo da especialidade de este concerto e porque se trataba do Concerto Fin de Curso onde poidemos desfrutar dos nosos intérpretes favoritos.
Comezou a actuación coa interpretación dos gañapores do concurso de Bandas Sonoras organizado pola Anpa en abril. En primeiro lugar actuou Manuel Bode que deixou todo o salón iluminado cunha luz azul e encheu o escenario de fume para ofrecer a súa versión ao piano de Frozen. En segundo lugar unhas Piratas do Caribe, Cristina Bernal, Celia Acción e Sandra Barreiro, espléndidas tanto a nivel interpretativo como de caracterización e teatrealización. En último lugar o noso representante mais pequeno, Adrián Gijón, ofreceu a súa versión de Rocky coa súa trompeta.
Continuou a Orquestra Infantil dirixida polo profesor Alberto García, que interpretaron 3 obras a última cun simpático só para triángulo de Román Riveira. A continuación o coro de grao profesional dirixido pola profesora Victoria Álvarez, que coas súas solistas Salomé Varela, Elia Galdo e Luisa López, primeiro e Sandra Barreiro ao final fixeron un bonito percorrido con músicas do mundo con coreografías acordes. A entrega de accesits do concuros, e de premios fin de grao por parte da Anpa encheu o descanso.
A continuación a Orquestra de grao profeional dirixida polo profesor Antonio Suárez, interpretou tres obras: Concerto en La m para violín de Bach, contando como solista con Valeria Martínez, Concerto para clarinete e orquetra de Mozart con Antón Seijas como solista e como peche a Sinfonía Murmurios do Bosque composta polo profesor do Conservatorio Iván Doval, que a arranxou para a formación de Culleredo.
Grandes aplausos para todos porque foi un pracer vervos e as casi dúas horas de duración fixéronse curtas!!!.
Noraboa a todos e Feliz Verán!!!!
Deixa unha resposta