CONCERTO DIDÁCTICO DE VIOLÍN
ANUNCIO DO EVENTO
O xoves 02 de xuño de 2016, concerto didáctico de violin a cargo d@s alumno@s do profesor Marcos Seoane, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de Culleredo.
ANUNCIO DO EVENTO
Como remate da tarde do xoves 02 de xuño de 2016, super audición de violín d@s alumn@s do profesor Marcos Seoane, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de Culleredo.
Este profesor tenos acostumados a macroconcertos, e este non foi dos peores que recordamos!!!. O concerto iniciouse cunha grata sorpresa protagonizada por unha infiltrada: Iosune López de cello que a dúo con Mario Pereira agasalláronnos cunha peza folk. Os 19 alumnos e unha pequena invitada de 5 anos interpretaron con soltura as leccións aprendidas durante o cursos. O programa mesturou aos rapaces por idades deixando como peche ás súas alumnas maiores.
Para os de 1º e 2º de grao elemental creou agrupacións que resultaron vistosas e coordinadas. As obras amosaron un amplo abanico desde os Suzuki dos mais novos ou os concertos de Kuchler, Rieding, pasando polos habituais Fiocco e Seitz dos alumnos de 4º de grao elemental Boccherini, Kreutzer, Bach e Sarasate.
Participaron: A pequena invitada Sabela Rodríguez; de 1º grao elemental Teresa Fernández, Claudia García e Amina Cebreiro, acompañada esta última -estupendamente a pesar dos nervos- polo noso compañeiro da ANPA e o seu pai Jorge Cebreiro; de 2º de elemental Jorge Pereira Eiriz, Laura Bello Calvete e Carolina Infante; de 4º de grao elemental Lucía Sanjurjo, Paula Hermida, Cristina Cortés, Sara Fernández e Jordi Martínez; xa de grao profesional Patricia Mato de 1º; Alicia García e Valeria Martínez de 3º e Sofía Sánches de 6º. Como pianistas acompañantes participaron Vicente Castro e Marcos Seoane ademais de Jorge Cebreiro coa súa filla.
Noraboa a todos polo esforzo e o traballo!!!
Deixa unha resposta