CONCERTO DIDÁCTICO DE TROMPETA
ANUNCIO DO EVENTO
O xoves 17 de decembro de 2015, concerto didáctico de trompeta a cargo d@s alumno@s do profesor Jorge Ferreira Bellón, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de Culleredo.
DESCRICIÓN DO EVENTO
O xoves 17 de decembro tivemos no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de Culleredo unha tarde moi musical. Iniciaron @s alumn@s de trompeta do profesor Jorge Ferreira Bellón interpretando obras de Telemann, Hook, Gabayé e Dvorzak, participaron María Gabriela, Adrián Gijón, Lucas Cougil, Alba Velaj e Alejandro Picón, con acompañamento ao piano do profesor Miguel Valls Martinez. No intermedio a alumna de cello Bárbara Litvik interpretou o Caprice 1 de Piatti. A continuación o grupo de vento e percusión formado por Antón Castro, Alba Velaj, Amina Calviño, Mario García, Roman Riveira, Maria, Brais Gómez, Martín Cabanas, Antía Oubel e os percusionistas Ángel Otero e Lisa Varela (1º e 2º de grao profesional) interpretaron o bolero de Ravel, A lista de Schinler e pecharon cunha aplaudida Marcha Radetzky de Strauss. Noraboa a todos!!!
Deixa unha resposta