CONCERTO DIDÁCTICO DE PIANO
ANUNCIO DO EVENTO
O luns 13 de xuño de 2016, concerto didáctico de piano, piano complementario e consunto a cargo d@s alumno@s do profesor Miguel Valls Martínez, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de Culleredo.
DESCRICIÓN DO EVENTO
O luns 13 de xuño de 2016, desenvolveuse o concerto didáctico de piano, piano complementario e consunto a cargo d@s alumno@s do profesor Miguel Valls Martínez, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de Culleredo. Participaron por orde de curso os alumnos de piano: Candela Vila, Martina Cárdenas, Lucía Canabal, Alba Cortés, Pedro Vila, Marta Infante, Claudia Mosquera, María Regueira, Natalia Lago, Alejandra Maneiro, Iván Pardo e Claudia Fernández ademais da alumna de piano complementario Irene Martínez, clarinetista que demostrou que esto do piano non se lle da nada mal. Intepretaron obras de Burgmüller, Bach, Debussy, Chopin, Schubert e Mendelssohn. Destacable o Impromptu nº 2 de Schubert desenvolto por Alejandra Maneiro. Moi interesantes os dúos Alba e Marta cunha obra de Grieg e Pedro e Marta cun rapidísimo Entertainer de Scott Joplin, así como o trío Claudia, María e Natalia. Pechou o concerto a alumna Claudia Fernández que remata 6º de grao profesional interpretando unha obra de Albéniz. Emotiva despedida do profesor e sorpresa de Elena que asistiu casi de incógnito ao concerto coa súa pequena filla. Ao final abrazos entre todos. Tarde emotiva e broche estupendo. Noraboa a todos os participantes!!!
Deixa unha resposta