CONCERTO DIDÁCTICO DE PIANO
ANUNCIO DO EVENTO
O martes 15 de marzo de 2016, concerto didáctico de piano a cargo d@s alumno@s da profesora Alís Polo Lamas, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de Culleredo.
DESCRICIÓN DO EVENTO
O martes 15 de marzo, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de Culleredo, desenvolveuse a audición de piano, conxunto e piano complementario d@s alumn@s da profesora Alís Polo Lamas. Participaron os seguintes intérpretes: Xosé Arca interpretou a Czerny e Kabalevsky, Mateo Paz con Maikapar e Tchaikovsky, Jorge e Mateo Paz que nos ofreceron Beethoven, Alicia Barrós con Petzold, Lucía Pazos con Saint-Luc e Kabalevsky, Marta Andón con obras de Bach e Kuhlau, Alejandro Picón e Diego Torreiro (alumnos de piano complementario) con obras de microjazz e Beethoven, Celtia Jabares e Luisa López con Diabelli, Gloria Uzal e Mariña Neira ofreceron Pachelbel, Sara Carril obras de Scarlatti e Kuhlau, Claudia Mosquera con obras de Scarlatti e Chopin, Beatriz Vázquez cunhas estupendas variacións de Beethoven e pechou o concerto Grisha Keilin que interpretou con gran musicalidade dous preludios e fugas de Bach.
Neste concerto abarcouse unha ampla etapa histórica con autores desde o Barroco ata o século XX. Moi bo traballo de todos os intérpretes!!!
Deixa unha resposta