CONCERTO DIDÁCTICO DE GUITARRA
ANUNCIO DO EVENTO
O martes 07 de xuño de 2016, concerto didáctico de guitarra a cargo d@s alumno@s do profesor Salvador López Outeiral, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de Culleredo.
DESCRICIÓN DO EVENTO
O martes 07 de xuño de 2016, desenvolveuse o concerto didáctico de guitarra a cargo d@s alumno@s do profesor Salvador López Outeiral, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de Culleredo. A este concerto non puidemos asistir pero colámonos no ensaio xeral para ver o que preparaban, e o certo e que como sempre descubrimos a gran musicalidade que teñen estes rapaces. Vimos a dúas agrupacións de guitarra algo que impulsa Salvador cos seus alumnos por idades semellantes. A dos pequenos con Lucas Sánchez soaba moi ben e tamén a formada por Elia Galdo, Samuel García, Paula Fiaño e Salomé Varela. Escoitamos como solista a Xoel Insua cunha versión de Greensleaves moi melodiosa. Ademais dos alumnos mencionados participaron, Lucía Perticaro, Marta Vidal, Sara Patiño, Miguel Pardo, Sara Vila, Tomás Mir,Lucía Canabal, Alejandra Rodríguez, Jorge Corral, Gonzalo Truán e Álvaro Añón. Interpretaban obras de Schubert, Carulli, Linnemann, Montreuil, Praetorius, de Visée, Sanz, Chaviano, Sor, Bach e algunhas anónimas. Seguro que vos saiu de maravilla.
Deixa unha resposta