CONCERTO DIDÁCTICO DE FRAUTA
ANUNCIO DO EVENTO
O xoves 10 de decembro de 2015, concerto didáctico de frauta a cargo d@s alumno@s do Conservatorio de Culleredo, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de Culleredo.
DESCRICIÓN DO EVENTO
O xoves 10 de decembro de 2015, os alumnos de frauta do Conservatorio de Culleredo ofreceron a súa audición de fin de trimestre no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio. Participaron Laura Dosío, Antía Candal, Gloria Uzal, María Fontán, Irene Quiles e Martín Riveira acompañados ao piano polo profesor Miguel Valls Martínez. Interpretaron obras de Tellemann, Mozart, Stamitz, Köhler, Debussy e Bach. Noraboa aos músicos!!!
Deixa unha resposta