CONCERTO DIDÁCTICO DE CORO
ANUNCIO DO EVENTO
O xoves 5 de maio de 2016, concerto didáctico do Coro do Conservatorio profesional de Música Xan viaño de Ferrol e do Coro do Conservatorio profesional de Música de Culleredo, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de Culleredo.
DESCRICIÓN DO EVENTO
O xoves 5 de maio de 2016 desenvolveuse no no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de Culleredo un concerto didáctico de música coral no que participaron o Coro de 1º a 3º de grao profesional do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol e o Coro de grao profesional do Conservatorio de Culleredo.
Ofreceron un variado repertorio, acompañados ao piano por Alexandra Pita e Vicente Castro.
O percorrido sonoro levounos a escoitar sons de moitas partes do mundo desde os negros espirituais ata cancións albanesas, gregas e exipcias, pasando por melodías do cancioneiro.
O Coro de Culleredo ofreceu dúas pezas con intervención das estupendas solistas Sara González e Sandra Barreiro.
Todo un espectáculo moi ben dirixido polas directoras Catuxa de Ferrol e Vicky de Culleredo.
Unha maravilla estes rapaces, algúns francamente novos!!!!.
Deixa unha resposta