CONCERTO DIDÁCTICO DE CELLO
ANUNCIO DO EVENTO
O luns 14 de marzo de 2016, concerto didáctico de cello a cargo d@s alumno@s do profesor Joaquín García Soto, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de Culleredo.
DESCRICIÓN DO EVENTO
O luns 14 de marzo de 2016 desenvolveuse no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de Culleredo unha audición didáctica a cargo dos alumnos de cello do profesor Joaquín García Soto. Participaron Arturo Aparicio, Ana Belén Rodríguez, Noa Insua en dúo co seu irmán Xoel á guitarra, Iosune López, Paula Gómez, Tadeo Rey, Alejandra Maneiro, Celtia Jabares, Bárbara Litvik e Inés Blanco, acompañados ao piano por Susana Polo. Parte dos alumnos de piano desta profesora sumáronse ao concerto: Antón Seijas, Noa Gómez, Mikel Biurrum e Arina Coretchi. O dúo clarinete e piano formado por Celia Acción e Irene Rodríguez completou esta variada tarde musical interpretando entre outros aos seguintes autores Beethoven, Brahms, Bach, Vivaldi, e a estupenda sonata para piano e clarinete de Saint Saens. Estupendos todos!!!!
Deixa unha resposta