ACTO DE GRADUACIÓN 2019-2020
ACTO DE GRADUACIÓN 2019-2020

ACTO DE GRADUACIÓN 2019-2020

ANUNCIO DO EVENTO

O venres 12 de xuño de 2020, celebrarase un acto de graduación d@s alumno@s de 6º de Grao Profesional, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

No acto participarán @s alumn@s que se gradúan este curso académico tan excepcional, dada a situación social que se está vivindo. Debido a iso estarán únicamente acompañados por un ou dous familiares para poder limitar o aforo ao mesmo. Ademais asistirán representantes da directiva do Conservatorio, da ANPA e algúns dos profesores do centro.

Durante o desenvolvemento do acto falarán @s alumn@s que se gradúan e tamén haberá breves actuacións musicais para amenizar o acto.

Entregaranse as orlas aos/as alumn@s, xentileza do Conservatorio e da ANPA, do mesmo xeito que os agasallos fin de grao que o ANPA lles fai ano tras ano a estes/as alumn@s que finalizan os seus estudos tras todos estes anos no centro.

Ao ser limitado o aforo ao acto, este retransmitirase en directo via streaming a través da páxina de instagram do Conservatorio e a nosa páxina de facebook, para que todo aquel que queira seguilo poida facelo sen infrinxir as normativas vixentes de distanciamento social, así como tamén servirá de apoio a estes grandes artistas que finalizan aquí unha gran traxectoria educativa musical.

Páxina de instagram do CMUS de Culleredo

Páxina de facebook da ANPA O Burgo do CMUS de Culleredo

  • Data : 2020/6/12
  • Artista : Alumno@s de 6º Grao Profesional

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *