DIRIXIR SÓ COA MIRADA… CREES QUE É POSIBLE?

Os grandes directores recoñécense por conseguir que grandes conxuntos de músicos (orquestras e coros) logren transmitir ao público a súa versión dunha obra musical. Todos buscan a maior eficiencia expresiva. Algúns usan todo o seu corpo, outros economizan os seus xestos para lograr efectos contrastados nos momentos cla ve.A primeira imaxe que se nos vén á mente dun director de orquestra está relacionada coas súas mans e, en moitos casos, coa batuta.
Con todo, case tan importante como os xestos é a mirada e poucos directores eran tan conscientes do poder da súa mirada como Leonard Bernstein. Un vídeo da súa actuación coa Filarmónica de Viena en 1989, na que dirixiu “só coa mirada” o movemento final da Sinfonía nº 88 de Josef Haydn, foi utilizado recentemente para realizar unha investigación sobre a capacidade de comunicación da mirada na dirección orquestral. No vídeo resalta a extraordinaria capacidade da mirada de Berstein para transmitir a súa visión da obra.
Os resultados da investigación indican a existencia de todo un léxico relacionado coa mirada, tanto para os principais aspectos da execución (inicio e final, dinámica e expresión) como en aspectos máis sutís da comunicación cos músicos, incluíndo sinais apreciativas ou de desgusto sobre a súa execución. Ademais, o estudo revelou que algúns xestos relacionados coa mirada son internacionais, mentres que outros dependen máis do contexto cultural do director e a orquestra. Esta linguaxe resulta xeralmente máis claro para os músicos profesionais, máis afeitos traballar con distintos directores, mentres que non sempre é correctamente interpretado polos músicos afeccionados ou o público sen experiencia interpretativa.
Non sorprende, por tanto, que todos os profesores insistan constantemente aos seus estudantes nas orquestras e coros: mirade ao Director!
Máis información:
Video de Leonard Bernstein (con la mirada: desde 25’15” a 28’52”)
Artigo da investigación: http://dx.doi.org/10.3390/mti4020020
Este artigo foi escrito por Antonio Bode Riestra, cellista, pai de ex-alumnos do CMUS de Culleredo.
Deixa unha resposta