PRÉSTAMO DE LIBROS E INSTRUMENTOS

PRÉSTAMO DE LIBROS E INSTRUMENTOS

Comeza un novo curso que, ainda que especial por causa da pandemia e das cautelas que temos que seguir tod@s, será un gran curso, coma sempre neste Centro.

Un ano máis, dende a ANPA O BURGO queremos poñernos a disposición do Claustro de profesorado e das familias para axudarlles a levar adiante o curso e poder contar con algunha axuda no que atinxe ao material escolar. Nese sentido, como cada inicio de curso temos en marcha o sistema de PRÉSTAMO DE LIBROS E DE INSTRUMENTOS.

Como as normas de seguridade nos obrigan a modificar a mecánica (habitualmente as entregas fanse de xeito presencial e por orde de chegada), este ano atendermos as peticións que se faigan seguindo o siguiente protocolo:

1) As familias que precisen préstamo de algún material educativo (textos ou instrumentos) fanrannos chegar un CORREO ELECTRÓNICO á dirección anpaoburgo@gmail.com coa petición. A partir do vindeiro luns 28 de setembro, contestaremos a todas as peticións por orde de chegada. Pregamos que a petición de manuais sexa o máis detallada posible para non cometer erros na información que vos pasemos.

2) Os préstamos de textos son GRATUITOS para familias socias da ANPA e teñen un custe de 3 euros para aquelas familias que non o son.

3) Unha vez recibidas as peticións, os CRITERIOS PARA ATENDER AS DEMANDAS SON POR ESTE ORDE:

  • Familias socias da ANPA
  • Alumnado de primeiro curso de Grao Elemental (no caso de instrumentos)
  • Familias con varios fillos estudando no centro
  • Familias residentes en Culleredo

* En caso de EMPATE en todos os criterios, procederase a SORTEO entre as familias que solicitan o préstamo.
* As peticións recibiranse ao longo dos primeiros dez días de clases; despois do día 8 de outubro non se atenderá ningunha petición máis (excepto que haxa instrumentos libres sen petición algunha de ningunha familia)

Moitas gracias e agardamos servos de utilidade!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies