MÚSICA DENDE O CONFINAMENTO

MÚSICA DENDE O CONFINAMENTO

Como xa vimos ao longo deste confinamento, o profesorado e o alumnado do Conservatorio de Culleredo foron quen de seguir coas clases e rematar o curso da mellor maneira posible nestas circunstancias. De novo queremos agradecer a profesionalidade e o agarimo con que o Claustro do Centro asumeu este reto e dar as gracias en nome dos nosos fillos e fillas.

Sentimos moito orgullo polo esforzo realizado nestes meses por profesorado e alumnado. Deixamosvos aquí unha pequena mostra con este “concerto virtual” que preparou o profesor Salvador López co seu alumnado de guitarra.

http://youtu.be/uCptg8FsqdE

Parabens a intérpretes, familias e, dende logo, moitas gracias a Salvador por este exemplo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies