NOTAS CONFINADAS

NOTAS CONFINADAS

Durante o terceiro trimestre do curso académico 2019-2020, o Conservatorio Profesional de Música de Culleredo continuou a súa actividade lectiva de forma online, adaptando recursos e metodoloxías á situación que nos tocou vivir. Exemplo diso foi o proxecto educativo e artístico NOTAS CONFINADAS, ideado e levado a cabo polo profesor de piano Vicente Castro Alonso, no que os seus alumnos/as elaboraron composicións musicais baseadas nas sensacións, emocións ou rutinas vividas durante a época de confinamento a causa do COVID-19.

Cada creación musical presenta un microcosmos persoal, froito da reflexión e expresión a través da música. A posta en práctica deste deseño serviu, ao mesmo tempo, como “pseudo-terapia” (tanto para os alumnos/as como para o propio profesor), á hora de indagar introspectivamente de como nos sentimos durante unha época sen precedentes na nosa historia recente.

O proxecto contou coa participación de 22 alumnos/as do centro, ao que haberían de engadirse colaboracións externas, así como de antigos alumnos/as do conservatorio. Cada peza empregou recursos musicais propios do desenvolvemento musical de cada creador/a. Con todo, podería dicirse que o obxectivo principal destas composicións non foi o estético, senón a súa capacidade para ser capaces de transmitir, de forma efectiva, aquelas sensacións experimentadas polo compositor/a na corentena (desde o seu inicio ata o comezo da Fase 2). Así mesmo, a época de confinamento suscitou experiencias pouco convencionais e mesmo desagradables para algúns, por iso é polo que se recorre a técnicas compositivas menos tradicionais e/ou experimentais (música electroacústica, música aleatoria, serialismo, minimalismo, etc.) na procura de sonoridades inquietantes, atafegantes ou de enclaustramento. Proba diso foi a obra textural “COVID-19”, interpretada pola totalidade dos participantes, que encabeza o proxecto.

Como colofón a todo o empeño e dedicación do alumnado, un dos membros do ANPA do conservatorio, Jorge Cebreiro Cabarcos, colaborou activamente co profesor, á hora de deseñar a web www.notasconfinadas.com, na que o/a interesado/a poderá constatar a calidade artística das composicións, á vez que comprobar aquelas sensacións e sentimentos dos seus creadores/as, debido a que cada peza dispón dunha descrición didáctica a efectos de que vostede, o/a oínte, poida comprender un pouco mellor o mundo sonoro que se nos pretende describir.

Convidámoslles a que visiten a web www.notasconfinadas.com e que deixen os seus comentarios.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies